Representantes da FAPACEL acudiron á convocatoria do BNG de Lugo para espoñerlles a problemática xurdida pola falta de prazas no IES San Xillao e a necesidade dun novo mapa escolar na cidade de Lugo.
O Sanxillao é un centro Liña tres 90 prazas. Foi pensado como un instituto pequeno posto que ten tamén unha ampla oferta de ciclos formativos de FP, nembargantes no curso 23/24 tiveron que ampliar a Liña catro e no curso 24/25 o centro tivo que asumir nos mesmos espazos unha liña máis para dar cabida para dar cabida as solicitudes de admisión, co cal un centro pensado para liña 3 ten liña 5.
Vemos claramente a masificación a qué está sometido este centro que é un dos tres centros da provincia que conta con bacherelato de artes.
A Fapacel a través da comisión de escolarización ven manifestando está problemática dende fai anos e dende o Departamento Territorial en Lugo da consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional non se fai nada ao respecto.
Os centros adscritos ó Sanxillao e os datos do alumnado das ANPAS asociadas son os seguintes:
O Corgo 10(5º prim) 8 (4º prim)
Sagrado Corazón 29 ( 4° prim.) 26 ( 5° primar.)
As Gándaras 18 ( 4° prim) 25 ( 5° primaria)
As Mercedes 50 ( 4° prim) 51 ( 5° prim)
Illa Verde 50 (4° prim) 50 (primar)
As previsións de totais:
Curso 26/27_ 157potenciais alumnos/as para 90 prazas( Liña tres)
Curso 27/28 147 potenciais alumnos/as.
Sen contar co alumnado do Corgo.
Dende a FAPACEL denunciamos a falta de previsión e demandamos unha solución canto antes para esta problemática.