Bo comezo dos arqueiros de Teo na 1ª Xornada de Tiro con Arco en Redondela

Teo, 21 de marzo de 2025 –O pasado domingo 16 de marzo, os arqueiros teenses Gonzalo Fernández, Roberto Lois e Pablo Belay participaron na 1ª xornada de tiro con arco ao aire libre en Redondela, organizada pola Federación Galega de Tiro con Arco (FGTA) e o clube Meigarco. Este evento marcou o inicio da tempada de competicions ao aire libre, e foi unha ocasión especial para todos os participantes, xa que tamén foi a primeira vez que competiron neste tipo de modalidade tras o cambio de temporada.

Durante o inverno, os arqueiros adoitan adestrar en sala, un espazo pechado onde os tiros son realizados a unha distancia de 18 metros. Con todo, ao iniciar a tempada ao aire libre, os arcos deben ser regulados

 para disparar a unha distancia maior, de 70 metros. Este cambio supón un reto para todos, xa que a técnica, o control do arco e a adaptación ás novas distancias son fundamentais.

Os arqueiros de Teo, que compiten co clube ADARVE, estiveron acompañados polos seus compañeiros Luis Fandiño, Pablo Mendoza e Pilar Candal, de Ordes. A xornada foi desafiante, pero tamén chea de logros. En particular, Luis Fandiño e Pablo Belay lograron superar a puntuación mínima necesaria para poder participar no Campionato de España. Luis alcanzou os 532 puntos, mentres que Pablo conseguiu 520 puntos. Estes resultados son un gran éxito para ambos, que agora teñen a oportunidade de competir ao nivel nacional.

O Campionato de España de Tiro con Arco ao Aire Libre terá lugar en xullo na cidade de Madrid, e os arqueiros que logren a clasificación participarán neste evento de gran prestixio.

A próxima xornada de tiro con arco ao aire libre será os días 12 e 13 de abril de 2025, tamén en Redondela. Os participantes esperan mellorar as súas marcas persoais e continuar avanzando na tempada.

Comparte éste artículo
No hay comentarios