Escoita o programa In The Corner de hoxe, 21 de marzo

In The Corner, o programa que presenta e dirixe Carlos Castro, hoxe estivo Raquel, a central do Deportivo, que cumpre a súa cuarta campaña no cadro herculino, abriu o programa coa súa comparecencia xeral para valorar o empate no Di Stéfano e o partido contra o Costa Adeje. “Sabemos lo competitiva que es esta Liga”. De cara ao partido contra o Costa Adeje houbo lembranza sobre a ida: “A partir dese partido evoluímos moito (…) temos moitas gañas de enfrontarnos a eles. Son un equipo con moita experiencia e un modelo de xogo claro, con cada xogadora que aporta as súas características.

Friol e Bovedana crúzanse por primeira vez logo que os segundos denunciaran o pertinaz incumprimento de Covi Regueiro en canto á súa inhabilitación de conco anos: “Pensamos que o descaro de Covi non ía chegar a ese nivel”, comenta Paco Jiménez, dirixente do club zamorano, que explica como foi procedemento da denuncia. O partido na Reigosa, ás tres da tarde, é o segundo na historia peluquera con ese horario na casa.
Logo da análise de Moi Campos sobre a apaixonante Primeira Galega, falamos con Minerva Bóveda, futbolista do Umia, que nos conta cousas sobre a súa traxectoria: “Marchei do Arousana ao Umia para ter opcións de xogar en Primeira Nacional”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios