As deportistas Galegas Lydia Pérez e Nerea Pampín foron convocados para participar coa Selección Española feminina, na concentración internacional do 20 ó 30 de marzo no INSEP de París.
Esta concentración é a última fase de preparación antes do Europeo absoluto no que tamén participarán. No INSEP de París, durante 10 días reuniránse as mellores deportistas femininas do mundo, nunha concentración tutelada pola Federación Internacional de Loita (UWW). Participarán países comoUSA, Canadá, Francia, Italia, Alemaña, Rumanía…
Esta fase de preparación será fundamental para o equipo Español polo elevado número de sparrings que teñen en cada categoría de peso. Tras esta concentración, ambas deportistas terán unha semana de menos volume de traballo e porán rumbo os campionatos de Europa absolutos que terán lugar do 8 ó 13 de abril en Bratislava (Eslovaquia).
Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra, e que adestra no INSEP de París, competirá na categoría de -62kg. Nerea Pampín do Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces, e que adestra no CAR de Madrid, competirá na categoría de -68 kg. Ambas deportistas forman parte da selección nacional que representará a España en esta cita continental, acompañadas de Victoria Baez (MAD)e Graciela Sánchez (BAL).
Este evento supón a primeira gran competición de este primer cuatrimestre de ano. Tras varias comepticións preparatorias, nas que no caso de Lydia Pérez acadou a medalla de ouro en Bulgaria, e outras conmenos sorte, agora atópanse a un paso do Europeo, en moi estado deforma.
Nerea e Lydia, estiveron concentradas no CAR de Madrid durante unha semana, adestrando co novo seleccionador nacional Wilfredo García.