O Grupo Provincial reúnese co PP de Becerreá e a veciñanza para reclamar igualdade de trato ao municipio co resto da provincia

  • Antonio Ameijide afirmou que «dende o Grupo Provincial non deixaremos sos nin aos nosos compañeiros do PP nin á veciñanza de Becerreá e da comarca porque o que queremos é igualdade de trato para todos os lucenses, independentemente do municipio no que residan»
  • Os deputados populares recordan que PSOE e BNG insisten en crear veciños de primeira e veciños de segunda xa que segundo se establece na memoria que define o modelo da residencia, os usuarios de Becerreá pagarán 810€ máis ao mes, un 60% máis, que os das residencias de Navia ou Pedrafita, xa que un veciño dependente na rede de CAMs da Deputación actualmente paga 1.390€/mes mentres que en Becerreá PSOE e BNG queren que pague 2.200€/mes polo mesmo servizo
  • A realidade é que a Deputación de Lugo débelles aos veciños de Becerreá 1.318.781,18€ da baixa da obra, unha cantidade que debería destinarse ao equipamento da residencia e non o fan

Comparte éste artículo
No hay comentarios