Alejandra Landeira Rey, do IES de Oroso, co recitado do poema “A xustiza pola man” de Rosalía de Castro, e Fiama del Canto Sogo do IES Valle Inclán de Pontevedra, polo recitado do poema “O moucho” de Rosalía de Castro. foron as gañadoras da categoría correspondentes a ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos. Noa Barcia Ausina, do CEIP Mestre Pastor Barral, co poema “A estrela sen nome”, e Pedro Crespo Araujo, do CEIP A Lomba, co poema “Galiza”, foron as gañadoras das dúas categorías de Primaria
A Casa-Museo Manuel María celebrou este sábado unha exitosa edición, a novena, do Concurso escolar de recitado poético da obra de Rosalía de Castro e Manuel María coa presenza e participación de escolares de toda Galiza.
O certame, que leva por título Rosalía sempre viva, desenvolveuse en dúas sesións, de mañá e de tarde. O alumnado participante, de entre os 6 e os 18 anos, realizou un excelente concurso que se significou pola variedade das pezas recitadas.
Esta era a fase final dun concurso en que os diferentes centros de ensino participantes xa fixeran unha primeira fase nos seus respectivos centros, enviando un máximo de tres alumnos/as por categoría.
Os premiados segundo as categorías foron:
-1ª categoría (1º, 2º e 3º de primaria): Noa Barcia Ausina, do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide, co poema “A estrela sen nome”.
-2ª categoría (4º, 5º e 6º de primaria):Pedro Crespo Araujo, do CEIP A Lomba de Vilagarcía de Arousa, co poema “Galiza”
-3ª categoría (Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos): Alejandra Landeira Rey, do IES de Oroso, polo recitado do poema “A xustiza pola man” de Rosalía de Castro, e Fiama del Canto Sogo do IES Valle Inclán de Pontevedra, polo recitado do poema “O moucho” de Rosalía de Castro.

Tamén recibiron mencións honoríficas as seguintes persoas:
1ª categoría: Antía Romero Prol do CEIP O Escarabote de Boiro polo poema “O cuco” de Manuel María.
2ª categoría: Alexander Alimonta Suris, do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide, polo poema “Adiós ríos, adiós fontes”, de Rosalía de Castro; e David Peón Parada, do CEIP A Lomba de Vilagarcía de Arousa, polo poema de Manuel María “A fala”.
3ª categoría: Mencía Rodríguez Lorenzo, do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, polo poema de Rosalía de Castro “A gaita gallega” e Laura Maceira Otero do IES Francisco Aguiar de Betanzos polo poema “Cando a luniña aparece” de Rosalía de Castro.
A Casa-Museo Manuel María agradeceu a todos os presentes, alumnado finalista, familias e profesorado acompañante e público en xeral, a súa total colaboración para que a xornada de convivio decorrese con suceso, así como o apoio da área de Cultura da Deputación de Lugo, representada no acto pola súa responsábel, a deputada Iria Castro Fernández.