A concelleira arteixá, Noelia Martínez Canosa, preguntaralle no pleno ao equipo de Goberno pola situación na que se atopa a modificación da ordenanza que regula as terrazas dos bares, restaurantes, etc.
“Hai varios meses que o equipo de Goberno trouxo a unha comisión de pleno a modificación da ordenanza que regula as terrazas. Unha modificación motivada para contemplar e lavar a cabo un maior regulamento co que así se poidan evitar certos/posibles problemas que estas causan aos veciños e veciñas que viven nas proximidades de ditas instalacións e, tamén para garantirlle aos locais unha normativa clara e segura que tamén lles evite a eles conflitos cos veciños. Pero, este punto foi anulado da orde do día porque se quería/pretendía mellorar a mesma en certos aspectos…” apuntan a Concelleira Noelia Martínez Canosa.
“A día de hoxe, e aproximándose épocas onde se utilizarán máis estes espazos e ata horas máis altas, seguimos sen saber nada desta ordenanza”