Arroxo: “Alegrámonos polos 12 millóns anunciados para Ferrol, pero a Xunta ten que investir en todas as cidades, tamén en Lugo”

O Tenente Alcalde cuestionou o criterio da Xunta, anunciando 12 millóns de euros para a cidade de Ferrol e «vendendo como un gran investimento o cambio dun valado metálico por un de madeira no barrio de Tinería».

Na primeira rolda de prensa tras a Xunta de Goberno celebrada hoxe, o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, aproveitou para reclamar á Xunta «que aposte igual por todos os concellos do País». Rubén Arroxo comparou o recente anuncio do goberno galego, con 12 millóns de euros de investimentos en Ferrol, co exeplo do barrio lucense da Tinería, «onde a maioría do patrimonio é responsabilidade precisamente da propia Xunta e leva 16 anos abandonado».

Rubén Arroxo cuestionou a postura do Partido Popular, que vén de anunciar un concurso de ideas para o Pazo de Dona Urraca, «un concurso de ideas que xa se realizou no ano 2008 e que a Xunta decidiu non 
executar», lembrou.

«Ademáis, hai que lembrar que ten a Casa Torre, que está abandonada, e os fornos, onde fixeron unha intervención quitando unha chapa metálica que se caía por un aviónba de madeira, algo que quixeron anunciar como a gran intervención da Xunta na Tinería» dixo Rubén Arroxo, que afirmou «urxe que a Xunta aposte realmente pola rehabilitación deste barrio».

O Tenenete Alcalde destacou o positivo de que a Xunta invista en Ferrol, «pero creo que a Xunta ten que investir na rehabilitación en tódalas cidades», dixo. Arroxo lembrou que a Xunta ten a competencia en materia 
de vivenda «e non pode estar desviando o tema, un barrio como o da Tinería, que é un dos pouquísimos barrios do mundo que ten tes patrimonios do Humanidade, estamos tendo unha situación de precariedade
absoluta», afirmou.

Rubén Arroxo afirmou que o Goberno de Lugo cre «máis necesario que nunca investir en tódalas cidades en rehabilitación urbanística, tendo en conta tamén o problema de vivenda polo que estamos a pasar».

Comparte éste artículo
No hay comentarios