A cidade consolídase como un referente urbano para vivir, traballar e emprender, cun modelo que retén talento e xera oportunidades.
A proposta oficial de cifra de poboación do Instituto Nacional de Estatística (INE), referida ao 1 de xaneiro de 2025, sitúa a poboación da cidade da Coruña en 251.481 habitantes, co que se supera o limiar dos 250.000 por primeira vez en máis de dúas décadas e se acada así a maior cifra demográfica desde os anos 90.
A alcaldesa, Inés Rey, valorou este dato como “un fito que reflicte a vitalidade e a capacidade de atracción dunha cidade que medra en oportunidades, crea emprego, retén talento e continúa ampliando o seu parque residencial”.
Segundo os rexistros do INE, a Coruña vén experimentando un crecemento continuo da súa poboación nos últimos cinco anos, o que supón un cambio de tendencia respecto ao estancamento que marcara anos anteriores. A cifra proposta para 2025 representa un incremento de 2.220 persoas respecto á cifra oficial correspondente ao 1 de xaneiro de 2024 (249.261 habitantes).
Evolución da poboación da Coruña
O seguinte gráfico mostra a evolución da poboación da cidade da Coruña entre os anos 2015 e 2024, segundo os datos do INE (Padrón continuo a 1 de xaneiro), incluíndo a proposta de cifra oficialpara2025. Duranteosanos2015a2018obsérvaseunestancamentoarredordos244.000 habitantes. A partir de 2019 iníciase unha tendencia de crecemento sostido, que se mantén ano tras ano ata superar os 251.000 habitantes en 2024.
O dato de 2025 refírese á proposta oficial do INE, pendente de aprobación definitiva polo Consello de Empadroamento e o Goberno.
Un crecemento con impacto positivo
O incremento da poboación tradúcese tamén en beneficios directos para a cidade, como unha maior asignación nos fondos de participación nos ingresos do Estado (PIE), que se reparten en función do número de habitantes. Ademais, este crecemento demográfico reforza o posicionamento da Coruña como motor económico de Galicia, con impacto no emprego, na actividade empresarial e nos servizos.
Ao mesmo tempo, consolídase o papel da Coruña como referente na súa contorna metropolitana, que gaña peso á hora de liderar proxectos compartidos en mobilidade, infraestruturas ou planificación urbana. Este incremento poboacional fortalece tamén a súa capacidade para acceder a fondos europeos, influír na estratexia territorial e mellorar a súa posición no mapa institucional, onde a dimensión demográfica é un factor clave.
A cidade presenta, a día de hoxe, as súas cifras de desemprego máis baixas desde os anos 90, cunha taxa que descendeu por debaixo do 10%, segundo datos do Observatorio Municipal de Emprego. Este contexto favorable acompáñase da ampliación do parque de vivenda pública e da consolidación de proxectos estratéxicos como a Cidade das TIC, a implantación da AESIA ou a transformación da fachada marítima.
“O noso compromiso é que este crecemento sexa sostible e inclusivo”, sinalou Inés Rey. “Estamos a construír unha cidade atractiva, moderna e cohesionada, que ofrece oportunidades e calidade de vida”, engadiu.
Un modelo urbano que retén e atrae poboación
Desde a chegada de Inés Rey á Alcaldía en 2019, A Coruña vén experimentando un crecemento demográfico sostido que permitiu, en cinco anos, superar a barreira dos 250.000 habitantes por primeira vez desde os anos 90. Este avance está apoiado nun modelo urbano centrado nunha mobilidade sostible, a rexeneración de barrios, a aposta pola economía do coñecemento e a potenciación da construción de vivenda, incluíndo vivenda pública.
“O reto dos 250.000 xa está superado. Agora toca consolidar ese crecemento executando o Orzamento do 2025, que permitirá mellorar servizos e infraestruturas públicas”, concluíu Inés Rey.