Víctor Puyuelo e Karina Yevtushenko gañan a terceira Carreira Costa Ártabra entre Oleiros e A Coruña

Máis dun milleiro de persoas participaron esta mañá na terceira edición da Carreira Costa Ártabra, que se celebrou cun percorrido que atravesou os concellos de Oleiros e A Coruña. Víctor Puyuelo e Karina Yevtushenko foros o gañador e a gañadora desta competición de 10 quilómetros. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de medallas, celebrada no paseo do Parrote.

A carreira partiu ás 9.30 horas do castelo de Santa Cruz, en Oleiros, coa participación de máis dun millar de participantes. Transcorreu sen incidencias polo bordo litoral coruñés, chegando á meta no castelo de San Antón, na Coruña. Ademais da proba absoluta, tamén se celebrou una proba dunha milla de distancia. 

A carreira é solidaria e toda a recadación irá destinada ao Comité Antisida da Coruña (Casco), que tamén exerce de organizador. «Desde o Goberno de Inés Rey apoiamos esta proba e amosamos que somos unha cidade solidaria, á vez que continuamos promovendo hábitos de vida saudables a través das carreiras populares», sinalou Vázquez.

Na categoría masculina o podio estivo formado por Víctor Puyuelo, Álvaro Presedo e Mikel Ocerín. Na categoría feminina, as tres primeiras clasificadas foron Karina Yevtushenko , Lucía Fariña e Inés Iglesias.

Comparte éste artículo
No hay comentarios