.
Precisamente hoxe comeza o prazo de presentación de pre-candidaturas para as primarias que escollerán a secretaría xeral provincial provincial, que terán lugar o día 27 de abril.
Fernández Piñeiro, ademais de ser o secretario provincial dende 2022, é o actual alcalde de Pontedeume, despois de obter a maioría absoluta en 2015 e revalidala en 2019 e 2023. É tamén o voceiro do Grupo Socialista na Deputación da Coruña.
O socialista preséntase co obxectivo de continuar fortalecendo o partido na provincia: «O meu obxectivo principal é preparar o partido para gañar as vindeiras eleccións municipais e manter o goberno da Deputación».
«Durante estes anos tratei de aplicar ao partido a mesma filosofía que aplico no meu Concello, que é a proximidade aos problemas das agrupacións e da militancia, o traballo duro, a ambición e a experiencia para facer un partido mellor e máis forte», sinala Fernández Piñeiro.
O actual líder do PSdeG na Coruña sinala que este é «un referente do municipalismo en España». «Gobernamos a Deputación por terceiro mandato consecutivO con Valentín González Formoso, un feito histórico que nunca antes tiña acontecido», lembra.
«Unha Deputación que amosa día a día que hai unha forma diferente e máis xusta, transparente e efectiva de xestionar estas administracións. Fronte a unha Xunta cunha folla de ruta caciquil e partidista, a Deputación da Coruña axuda e colabora con concellos con criterios de obxectividade, sen ter en conta a cor política dos gobernos municipais», afirma.
«Gobernamos tamén en 31 concellos e na principal cidade da provincia, A Coruña, onde Inés Rey, ademáis de alcaldesa é a vicepresidenta da Federación Española de Municipios», engade Fernández Piñeiro.
Para o socialista, «este é o mellor exemplo do músculo do PSdeG, que está cimentado sen lugar a dúbidas no municipalismo, onde somos a principal forza de Galicia, gobernando á maioría dos galegos e galegas».
«Temos que aproveitar todo este potencial para, desde o noso modelo municipalista, continuar fortalecendo ao partido en todos os concellos da provincia e polo tanto, seguir a mellorar o entorno e a calidade de vida de todos os coruñeses e coruñesas», subliña.
Ademais, Fernández Piñeiro destaca o seu compromiso de «favorecer o crecemento do partido nos municipios onde temos menos presencia». «A incorporación de novos perfiles e de referentes dos diferentes concellos será tamén unha liña estratéxica para conformar as candidaturas dasmunicipais, unha liña na que comezamos a traballar no presente mandato e que nos permitiu obter representación onde levabamos varias lexislaturas sen concelleiros», apunta.
«Durante estes catro anos seguiremos a traballar para fortalecer as comarcas como estruturas fundamentas de cohesión das agrupacións locais, clave para vertebrar a provincia», salienta tamén o actual secretario provincial.
«A captación de talento é outra das nosas principais liñas de actuación, para poñelo ao servizo das agrupacións e aproveitar así o noso grande capital humano na mellora da organización», indica.»Vou traballar por un partido máis grande, máis forte e máis presente na sociedade da nosa provincia», conclúe.