CCOO-Ensino convoca unha concentración para pedir melloras laborais no sector da reforma xuvenil e protección de menores

A protesta terá lugar mañá mércores, día 2 de abril, diante do edificio administrativo de San Caetano

 A Federación do Ensino de CCOO de Galicia convoca unha concentración para reivindicar melloras laborais no sector de reforma xuvenil e protección de menores. Será mañá mércores, día 2 de abril, ás 11:30 horas, diante do edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, para reivindicar melloras laborais urxentes no sector de Reforma Xuvenil e Protección de Menores.

Esta mobilización enmárcase nun contexto de preocupación crecente polas condicións nas que desenvolven o seu traballo os profesionais deste ámbito, especialmente tras a traxedia de hai poucas semanas en Badaxoz.

Entre as principais demandas de CCOO-Ensino están a mellora das condicións laborais e salariais do persoal; a redución da alta temporalidade e rotación nos equipos; a garantía de formación continua e especializada; a dotación de recursos humanos e materiais suficientes; ou o recoñecemento profesional da súa función social e educativa.

Comparte éste artículo
No hay comentarios