A UDC acolle a XXIX edición da Olimpíada Informática Española (OIE) que se celebra do 4 ao 6 de abril na Facultade de Informática

Un total de 41 participantes, de Bacharelato e ESO de diferentes partes de España, competirán no campus coruñés.

A Facultade de Informática da UDC acollerá entre os días 4 e 6 de abril as competicións da XXIX edición da Olimpíada Informática Española (OIE). Unha competición  de programación algorítmica destinada a estudantes de ESO e Bacharelato de toda España.

Tras anos realizándose sempre en Madrid, a celebración desta olimpíadapasou a ser rotatoria na pasada edición, estreando este ano unha novidade máis que é a ampliación de estancia por parte das persoas participantes na cidade anfitrioa. 

En total, serán un total de 41 participantes (36 mozos e 4 mozas). Todos,seleccionados nas súas olimpíadas rexionais e nun clasificatorio aberto. Galicia conta con dúas persoas seleccionadas. 

O obxectivo fundamental é fomentar o talento en informática e a resolución de problemas computacionais, preparando as xeracións mozas para retos académicos e profesionais de alto nivel. De feito, a mocidade participante conta cun alto potencial en matemáticas, programación e resolución de problemas algorítmicos. 

Será o venres pola tarde cando comece o programa, que o fará coa sesión de benvida e de probas. Xa o sábado celebrarase a primeira sesión do concurso e pola tarde contarán cunha planificación de actividades sociais e turismo, para reiniciar a competición o domingo, horas antes da entrega de premios, na que ademais dos galardóns se coñecerán as clasificacións que darán acceso á olimpíada internacional.

Ao peche e entrega de premios da OIE está previsto que asista o reitor da UDC, Ricardo Cao, a partir das 16:00 horas.

Este evento está coorganizado entre a Universidade da Coruña e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), e supón unha oportunidade para posicionar á comunidade no ámbito da tecnoloxía e a educación dixital.

Comparte éste artículo
No hay comentarios