O parque provincial de Boiro acudiu a primeira hora desta mañá a un aviso por accidente de tráfico cunha persoa atrapada nun vehículo envorcado na DP-110 en Meixonfrío, Concello de Lousame.
Os bombeiros procederon ao rescate da vítima que presentaba feridas leves e foi atendida polo persoal sanitario do 061. No operativo colaboraron o GES de Noia, a ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico.