Hoxe tivo lugar a presentación oficial da Final 4 na sala de prensa do Concello de Lalín ás 11:00h. No acto estiveronpresentes; Avelino Souto, Concelleiro de Deportes e Xuventude do Concello de Lalín; o alcalde do Concello de Lalín, José Crespo; Rubén González, Directivo da Federación Galega de Balonmán e Responsable de Área Técnica Masculina; e Bruno López, Presidente da Federación Galega de Balonmán.
A esta presentación tamén asistiu o equipo anfitrión nacategoría feminina, o UPI Informática Lalín, acompañado polos seus adestradores Iago González e Danijela Savic, así coma Berta González, tesoureira do club.
O Club Balonmán Lalín será o organizador do evento, repetindo a experiencia da tempada pasada na que organizou as Final 4 das categorías xuvenil, alevín 5 e benxamín.
Datas e horarios da Final 4
A competición desenvolverase durante o sábado 5 e o domingo 6 de abril no pavillón Lalín Arena. Os horarios dos encontros son os seguintes:
Sábado 5 de abril
• 10:30h – Semifinal 1 Masculina: S.D. Teucro Uniwash- BM Línea21 Transgalo
• 12:30h – Semifinal 2 Masculina: Garaysa Xiria A – BM Culleredo Óptica Gallaecia
• 15:15h – Semifinal 1 Feminina: Tecnosat BM Cangas – Mecalia Atlético Guardés
• 17:00h – Semifinal 2 Feminina: UPI Informática Lalín – Club Cisne Omma Arquitectura
Domingo 6 de abril
• 11:00h – 3º e 4º posto Masculino
• 13:00h – 3º e 4º posto Feminino
• 16:30h – Final Masculina
• 18:30h – Final Feminina
Ás 19:45h do domingo, celebrarase a entrega de premiosda Final 4 e dos equipos campións da Liga Ouro.
Na categoría infantil masculina o campión foi o equipo As Casiñas Luceros e o segundo clasificado foi o Club Cisne Colegio Los Sauces. Ambos equipos acadaron a praza directa para participar no sector nacional.
Na categoría infantil feminina o campión foi o equipo Lapaman Área de Servizo Bueu Atl. Balonmán, o segundo clasificado foi o SAR Rodavigo, e o terceiroclasificado foi o BM Culleredo Sutenor, os tres conxuntos lograron a praza directa para o sector nacional.
O sistema de competición nacional establece tres prazas para o sector de categoría infantil masculina e catro prazas na infantil feminina, polo que no tocante ao masculino haidous participantes clasificados directamente da Liga Ouro e a terceira praza decídese na Final 4. O mesmo acontece no competición feminina, pero neste caso, son 3 prazas correspondentes aos tres primeiros clasificados da Liga Ouro e a derradeira praza determinarase co equipo campión da Final 4.
Animamos a todos os afeccionados/as ao balonmán a desfrutar deste evento e apoiar aos futuros talentos do noso deporte. Vémonos o sábado ás 10:30h no Lalín Arena!