O mural de gran formato de Lidia Cao homenaxea as mulleres científicas en Marineda City

A intervención artística, impulsada en colaboración co Concello da Coruña, enmárcase na programación municipal polo 8M e pon en valor o papel das mulleres nos ámbitos STEM.

O Concello da Coruña e Marineda City inauguraron esta mañá un mural de gran formato da ilustradora galega Lidia Cao, en homenaxe ás mulleres que desenvolven o seu labor nos eidos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas (STEM).

A intervención artística, situada no interior do centro comercial, na planta 0 (fronte ao establecemento Zara), forma parte da programación municipal con motivo do Día Internacional das Mulleres e simboliza a forza transformadora do coñecemento a través dunha ilustración chea de cor, natureza e simbolismo.

O acto de inauguración contou coa presenza da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañada polas concelleiras Nereida Canosa, responsable de Benestar Social, Participación e Igualdade, e Diana Cabanas, titular das áreas de Emprego, Comercio e Mercados. Tamén estiveron presentes membros do Centro de Información ás Mulleres, a xerente de Marineda City, Purificación Berdejo,  Luis Lázaro, director de retail y logística de MERLIN Properties, y Arnaud Leroy, asset manager de MERLIN Properties.

Ademais, no marco da mesma programación polo 8M, Marineda acolle até o 8 de abril a exposición «As mulleres xuntas somos imparables», da artista Diana Raznovich, que aborda en clave gráfica e humorística distintas realidades da muller na sociedade actual.

Comparte éste artículo
No hay comentarios