Este ano adicarémoslle a Foliada á tódalas mulleres mestras pandeireteiras do país pro en especial ás da nosa parroquia ás que nos ensinaron a manter a nosa tradición oral , a nosa língua e a facer comunidade. Estas mulleres que cada mércores estivemos nomeando nas RRSS foron: As Trighas de Ardeleiro ( Florinda, Elvira e Sabina), Higinia do Ghallegho, María de Vighán, Carmela, Evangelina e Lola do Ghoriño, Socorro da Locaia,Carmen de Blanco, Florinda da Tera, Generosa do Saleiro, Ramona de Margharito, Ramona de Pena, Dolores de Martiño e Dolores de Mandián; aínda que sabemos que houbo moitas máis das que non temos, por desgracia, coñecemento. Pero ademáis tamén queremos homenaxear ás mestras pandeireteiras que pasaron ( algunhas aínda están) pola asociación dando aulas de pandeireta e canto e ensinándonos a manter e coidar o legado musical e oral que nos deixaron ás nosas avoas e que forma parte da nosa identidade: Fransy González; Silvia Suárez, Pili Balado, Begoña do Manso,
Olga Kirk, Rosario das Marías, Mar da Bouzas, Icìa do Manso e Sonia Reborido.O día comenzará cunha sesión vermú ás 13:00 h que estará amenizada polos grupos de pandeireteiras e gaiteiros de RAIGAÑAS e o grupo de música A REQUINTA DA LAXEIRA, que nos farán bailar e disfrutar ata as 15:00 h . Quen acuda á sesión vermú ademáis de tomar un vermú poderá comer alí ( por un módico prezo) e continuar pola tarde ( a partir das 17:00 h) disfrutando cos contos que nos traerá MARÍA DA PONTRAGHA e tamén haberá un obradoiro de varas de bimbio para nenos.A partir das 18:00 comenzaremos a Foliadiña cos máis cativos que nos deleitarán co seu bo facer e a partir das 20:00 h dará comenzo a Foliada que durará ata aproximadamente as 2.30 h da mañá.
Haberá unha gran carpa, na que cada ano buscamos ambientala cunha temática, que ten moito que ver coa foto do cartel, e ata aquí podemos ler porque máis vale unha imaxe que 1000 palabras así que dende a Directiva da Asociación Cultural Raigañas invitamos á toda aquela persoa que queira vir disfrutar dunha tarde-noite de música, baile, risas e parolas que non falte a esta cita. Haberá algunha sopresiña máis que seguro será do agrado de quen asista. Agradeceríamos difusión deste evento que co esforzo dos membros da A.C.Raigañas e coa colaboración de todas as asociacións participantes cada ano medra máis.