Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con veciñas e veciños da rúa Río Parga 

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, mantiveron un encontro con veciñas e veciños da contorna da rúa Río Parga. Os edís visitaron a zona para escoitar «as necesidades que nos amosaron as veciñas e veciños do barrio», explicou Rubén Arroxo.

«Moitas veces, pequenas intervencións permiten garantir as boas condicións dos distintos servizos públicos, e melloran a calidade de vida e o benestar das veciñas e veciños», indicou o Tenente Alcalde, que engadiu «as pequenas intervencións que se poidan realizar nos barrios son unha prioridade do goberno municipal».

Arroxo agradeceu á veciñanza «que nos trasladasen os problemas existentes no barrio, e que nos indicasen as melloras que atopan máis urxentes, o que nos permitirá seguir a traballar para continuar a mellorar a calidade de vida en todos os barrios». 

Comparte éste artículo
No hay comentarios