O CITEEC da Universidade da Coruña acolle as probas de comprobación e mellora do viaduto sobre o río Douro

A realización destes ensaios experimentais corre a cargo dun equipo de investigadores, liderado por José Ángel Jurado, pertencente ao Grupo de Mecánica de Estruturas do CITEEC.

O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da UDC está a desenvolver as probasde comportamento do deseño do viaduto sobre o río Douro, cuxa construción está prevista na autovía A-11, no seu tramo entre Quintanilla de Arriba e Olivares del Duero (Valladolid). Dito proxecto está realizado pola empresa K2 Enxeñería, na que participa antigo alumnado da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da universidade da Coruña. 

O deseño desta ponte en arco contempla unha estrutura de taboleiro curvo e o arco plano de sección variable, constituído por dúas seccións mixtas unidas por barras transversais e xuntadas ao arco de aceiro mediante cables. 

Esas características fan desta unha infraestrutura moi singular, polo que analizar o seu comportamento dinámico fronte a cargas de vento e como vai reaccionar ás mesmas é unha cuestión clave. É esta a labor que están realizando un equipo de investigadores, liderado por José Ángel Jurado, pertencente ao Grupo de Mecánica de Estruturas do CITEEC. 

A clave destes ensaios experimentais é caracterizar o comportamento do taboleiro e do arco da ponte fronte a cargas de vento. Estase estudando tamén  que na estrutura non aparezan inestabilidades aeroelásticas  como o flameoou a excitación por vórtices. Tamén se calculan as vibracións de bataneoproducidas por ventos con fortes rachas para asegurar que son admisibles e non afectan ao seu funcionamento e á seguridade.

A realización destas probas é posible grazas ao equipamento existente neste centro de investigación, un dos poucos en España que que conta con dous tuneis de vento para poder realizar este tipo de probas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios