A xuventude protagoniza a campaña en defensa das pensións con concentracións en 85 localidades

A Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións convoca para este mércores, 9 de abril, concentracións en 85 localidades co lema ‘Somos 49 millóns para blindar as pensións na Constitución’

En Santiago de Compostela a concentración será diante do Concello, na Praza do Obradoiro  ás 19 horas, coa participación de diversas organizacións como: SAE, UCIN, M+J e Recortes Cero .

A convocatoria estará apoiada nun vídeo que a plataforma lanzará na mañá do mércores 9 de abril co apoio de cinco creadores de contidos, Ruben Hood, Adriana Hest, Outconsumer, Moi Camacho e Alex El Zurdo. Hai semanas, varios youtubers difundían vídeos na rede cuestionando as pensións públicas e responsabilizando aos pensionistas da precariedade dos salarios dos mozos. Agora a MERP dálles resposta con este vídeo e a súa campaña «Somos 49 millóns» coa que defende que «os pensionistas do presente e do futuro deben unirse para protexer as pensións».

As pensións en perigo de novo. Todos escoitamos que a estabilidade das pensións está condicionada pola chegada dun millón de inmigrantes a España cada ano, creando na poboación a idea de que as pensións están en perigo. Todos os días escoitamos que a política de rearme está ligada a posibles recortes e a tentación son sempre as pensións. Hoxe máis que nunca deben estar protexidas na Constitución.

A MERP convocou un acto na escalinata do Congreso, ‘A Declaración dos 20’ onde 20 mozos, representantes de Cultura, organizacións e diferentes sectores e profesións, farán unha declaración en defensa das pensións públicas e das persoas maiores.

Comparte éste artículo
No hay comentarios