A Xunta licita por 8,2 M€ o servizo de lavandería da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Segundo as estimacións, os tres distritos sanitarios da área ourensá procesan unha media de 1,9 millóns de quilos de roupa ao ano

O Portal de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe na súa web a licitación do contrato para a prestación dos servizos de lavandería dos centros sanitarios da área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras por importe de 8.276.400 euros.

Segundo as estimacións, a través deste contrato procesaranse unha media de 1,9 millóns de quilos de roupa ao ano, en concreto: 1,6 millóns de quilos pertencentes ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; 140.000 quilogramos do Hospital Público de Valdeorras; e outros 145.000 do Hospital Público de Verín.

Ademais da recollida da roupa nos puntos e horarios habilitados, o servizo inclúe o lavado, desinfectado, secado, seleccionado, repasado e empaquetado.

O contrato terá unha duración de 36 meses, prevéndose unha posible prórroga por 12 meses máis.

As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen de prazo ata o 6 de maio para enviar as súas ofertas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios