O PP defenderá a unidade do pleno de Monforte para reclamar ao Goberno de Pedro Sánchez o arranxo urxente da N-120

Katy Varela recorda que “nada se sabe do arranxo” desta estrada nacional a pesar de que os accidentes son habituais nela e o Goberno do Estado anunciou o ano pasado a súa rehabilitación: “Como ocorre sempre no caso de Pedro Sánchez, todos os anuncios que teñen que ver coa nosa provincia son promesas incumpridas, porque segue abandonado por completa as infraestruturas da provincia”

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Monforte defenderán no vindeiro pleno a rehabilitación integral do firme da N-120, desde o Barco de Valdeorras ata Ourense, así como a construción dos carrís adicionais comprometidos entre Peares e Ourense.

A voceira municipal, Katy Varela, explica que “vemos necesario que toda a corporación apoie esta reivindicación ao Ministerio de Transportes porque se trata de garantir a seguridade viaria de todos os usuarios desta estrada que, no caso de Monforte, aféctanos de forma directa”.

“Cómpre realizar a execución das obras de mellora de seguridade viaria mediante a creación de carrís adicionais entre Peares e Ourense, anunciadas polo Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible no BOE do 30 de abril do 2024 que, a día de hoxe, segue a ser unha materia pendente coa provincia, como a alta velocidade ferroviaria”, denunciou.

Katy Varela recorda que a N-120, desde Ourense ata Ponferrada, “é un tramo que soporta unha densidade de circulación moi elevada” por ser a única estrada de comunicación coa meseta de puntos moi importantes de Galicia como Monforte de Lemos, Quiroga, A Rúa ou O Barco de Valdeorras. “Esta estrada é fundamental para a cidade de Monforte de Lemos, pois e a conexión actual da vila coa provincia de Ourense e Pontevedra, así como a saída natural de Galicia o resto de España”, sinalou. 

A pesar da importancia de esta estrada, a súa conservación é escasa e practicamente nula, estando en moitos puntos tan chea de fochancas que a súa circulación convertese nun auténtico perigo para os condutores. “Pese a ser habituais os anuncios do Ministerio de partidas millonarias para o seu arranxo, sobre todo cando hai algún accidente, seguimos agardando pola execución do arranxo integral anunciado para o treito que discorre por Quiroga, valorado en 15M€, do que ata día de hoxe, nada se sabe”, lamentou.

A petición dos concelleiros populares contempla a rehabilitación desta estrada para garantir a seguridade viaria e, neste senso, Katy Varela explica que “non se trata da primeira reivindicación que se realiza”, poñendo sobre a mesa outros acordos, como o do Parlamento de Galicia, cámara na que a propia Katy Varela defende a importancia do seu arranxo, ou as diferentes iniciativas defendidas no Congreso e no Senado. “Vemos como o Goberno de Pedro Sánchez segue castigando a Lugo e aos lucenses abandonado por completo as infraestruturas da nosa provincia, a pesar de que, no caso da N-120 aprobouse en abril de 2024 o proxecto de trazado, pero  nada se sabe do proxecto de construción e da licitación das obras de creación destes carrís adicionais”, lamentou.

Comparte éste artículo
No hay comentarios