Segundo aniversario de Guía tu día

Ana Pena, natural de Foz, veu cumprido o seu soño de traballar como guía turística na Mariña. A súa empresa Guía tu día acaba de cumprir o segundo aniversario. «Estou moi feliz de continuar a desenvolver a miña profesión na comarca onde nacín e contribuír a que a xente se leve un bo recordo».

Durante o ano traballa con varias axencias e grupos organizados, pero tamén deseña os seus propios paseos guiados tanto culturais como naturais para que poida asistir calquer persoa que teña interese.

«Considero que a figura dun guía é clave para entender o que se ve, dámoslle voz a moitas das historias que aconteceron no lugar e a xente lévase unha imaxe completamente distinta e de maior calidade» comenta Ana. «Síntome afortunada cando a xente repite».

Comparte éste artículo
No hay comentarios