Nais e pais de alumnos/as afectados pola insuficiencia de prazas no comedor escolar do CEIP de Galán (Arteixo) para o vindeiro curso recollen máis de 2.500 sinaturas

Nais e pais de alumnos/as afectados pola insuficiencia de prazas no comedor escolar do CEIP de Galán para o vindeiro curso recollen máis de 2.500 sinaturas, que xa foron entregadas no Concello de Arteixo á atención da Concelleira de Educación para demandarlle solucións ante unha situación que de non solucionarse causaría graves problemas e prexuízos tanto aos alumnos como ás familias.

“As Nais e pais de alumnos e alumnas que solicitamos a admisión dos nosos fillos e fillas para o próximo curso escolar 2025-2026 no CEIP de Galán, fomos informados pola dirección do centro da problemática que existe en relación coa insuficiencia de prazas no comedor escolar para o vindeiro curso, xa que existe maior demanda que prazas dispoñibles” apuntan nais e pais do alumnado afectado.

“Levamos a cabo unha recollida de firmas que tivo moi boa resposta por parte da veciñanza de Arteixo, a quen queremos agradecer o seu apoio.

Xa foron entregadas no Concello as máis de 2.500 firmas recollidas para demandar que a Concelleira de Educación reúnase coa dirección do CEIP de Galán para tratar esta problemática e buscar solucións conxuntamente coa Xunta de Galicia -que neste caso é a administración responsable da xestión do comedor neste centro escolar- antes do período de formalización de matriculas para o vindeiro curso escolar e, tamén para que o Concello de Arteixo convoque a unha reunión ás nais e pais dos alumnos admitidos no CEIP de Galán para o próximo curso 2025-2026, en aras de buscar solucións á citada situación e de informar as familias afectadas” explican nais e pais dos afectados.                                                                                                                    

“Se as administracións competentes non buscan solución a esta problemática, a situación de que alumnos e alumnas quedasen sen praza no comedor causaría graves problemas e prexuízos tanto aos alumnos como ás familias, xa que afectaría gravemente á calidade de vida dos/as nenos/as e tamén á conciliación familiar” matizan.

Comparte éste artículo
No hay comentarios