O PSOE de Oleiros acusa o alcalde de converter o urbanismo nunha “trampa” para favorecer a promotores, mentres Alternativa dos Veciños exerce de teloneiro

Alternativa dos veciños anda botando cortinas de fume falando do proxecto de urbanización das casas Bailly en Cambre, ou dos terreos do Porto de A Coruña para que nos despistemos.

O que ocurre é que mentres se fala desto Oleiros está a impulsar a masificación urbana en diferentes puntos que está a ter xa consecuencias drásticas na mobilidade, pois extende pola rede viaria do concello unha forte densidade de vehículos, incrementando os problemas existentes. ¿Por que non se fan en Oleiros parques de estacionamento disuasorios ben comunicados ca comarca tal como pedimos os socialistas? Porque o chan vai para o ladrillo especulativo.

Mentres falan disto, de Cambre ou de Coruña, que non lles compete, Alternativa impulsa o proxecto en Viñas de Babilonia para construír 390 vivendas, nunha zona na saída de Santa Cruz que agora é prados e monte. Vanse facer tamén 25 vivendas no centro de Santa Cruz sen importar perder o espazo para as festas, máis de 200 novas vivendas en Mera. Novas construcións sen mellorar os servizos, que farán que os problemas diarios e graves de abastecemento ou saneamento, además dos de mobilidade crezan, prexudicando a quen xa vive aquí.

E o máis grave, o alcalde saiu no entroido a apoiar públicamente a un promotor que pretende construír unha macrourbanización en Perillo, nun solar de 20.000 metros cadrados, que a día de hoxe é maioritariamente zona verde con árbores, axudando a presionar para que Fomento permita unha saída directa á N-VI, favorecendo así os intereses da promotora. Nunha zona como Perillo que xa está saturada de vivenda e que precisa de zonas verdes o axeitado sería reducir ao mínimo a edificabilidade e crear zonas públicas, pero prefiren falar de Cambre mentres «engrasan» a operación especulativa en Perillo.

Lembremos que o promotor é o mesmo que para facer a urbanización O Paraiso talou no 2014 nada menos que 330 árboles do bosque, acabando co último pulmón verde que ten a Ría, e o Concello permitiu que se concentrase toda a cesión pública e de zonas verdes e equipamentos (o público), no  borde da Ría, onde a lei impide edificar, obtendo así os promotores máis chan para construir. Un pelotazo en toda regra ca axuda municipal de Alternativa dos Veciños.

Dende o PSOE acusamos ao Goberno local de levar a cabo unha política especulativa que está a expulsar aos veciños de sempre, en vez de facilitar o acceso á vivenda, e denunciamos que estas políticas favorecen exclusivamente aos promotores e inmobiliarias, lembrando que mentres aos veciños se lles aplica unha suba do IBI do 10 %, estes sectores benefícianse da rebaixa do 90 %.»

Comparte éste artículo
No hay comentarios