SGHN. “Urxe protexer a gaivota patiamarela”

Lonxe de mellorar, a situación da poboación reprodutora de Larus michahellis en Galicia continúa a desplomarse no que semella un declive por agora imparable, cunha diminución dun 21,8% das parellas reprodutoras no Parque Nacional das Illas Atlánticas en tan só 2 anos (2022 a 2024).

Mentres Larus michaellis se considerou como “case ameazada” no “Libro Rojo de las Aves de España” e como “Vulnerable” a nivel europeo (BirdLife International, 2015, 2021), a D.X. de Patrimonio Natural asiste tan impávida ao dramático descenso da especie en Galicia que, 15 meses despois, nin tan sequera se molestou en respostar á solicitude de catalogación como Vulnerable feita por SGHN.

Peticións da SGHN

  • Que a D.X. de Patrimonio Natural inicie e tramite coa máxima urxencia o expediente para catalogar a gaivota patiamarela (Larus michahellis) na categoría “En perigo de extinción” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
  • Que, agás nos casos que concorran circunstancias de interese público de primeiro orde, a D.X. de Patrimonio Natural prohiba con carácter inmediato todos os descastes de gaivota patiamarela (Larus michahellis) que aniñan en edificacións.

Comparte éste artículo
No hay comentarios