O sábado 10 de maio, feira e paseo guiado con Guido Guía no Páramo

Esta mañá, no Concello do Páramo, o alcalde Benjamín García e o guía de turismo Guido Álvarez Parga presentaron o xa anunciado paseo guiado «Decubrindo O Páramo» que terá lugar o sábado 10 de maio por terras paramesas.

Tralo éxito da actividade co GDR e Guido do ano pasado, na que asistiron máis de 170 persoas de toda Galicia, o Concello do Páramo decidiu darlle continuidade á idea e organizar unha nova edición para esta primavera.

As persoas que queiran anotarse poden facelo -gratuítamente- a través do correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com, e a hora e lugar de encontro serán as 11h00 no propio Concello (ao lado do Campo da Feira). Terá unha duración de 3 horas e despois da camiñada os e as asistentes poderán desfrutar da feira que todos os días 10 e 25 se celebra no municipio

Comparte éste artículo
No hay comentarios