A alcaldesa, María Ramallo, informou esta mañá de que a Xunta de Galicia vén de aprobar definitivamente a modificación puntural do PXOM que se tramitou desde o Concello e que afecta ao solar da zona de Méndez Núñez. Esta modificación iniciouse tras a sentenza do TSXG, que avalou que esta parcela é un chan urbano non consolidado, polo que permite levar adiante unha futura remodelación urbanística.
O inicio desta modificación levouse a Pleno en setembro de 2022 e desde entón traballouse seguindo todo o proceso administrativo que supón modificar un PXOM. Dentro dese proceso, recibiuse unha alegación, que foi estudada e finalmente desestimada, e a maiores pedíronse ata 12 informes técnicos e xurídicos das administracións competentes nesta materia, desde Carreteras á Dirección Xeral de Patrimonio, pasando por Costas e polo equipo técnico municipal, entre outros.
Todos eses informes favorables resultaron favorables e o Pleno da Corporación deu luz verde á aprobación incial, para despois derivarse á Xunta de Galicia, que é a administración que ten competencia para aprobar de forma definitiva estas modificacións.
Este paso tan importante permitirá o desenvolvemento futuro da parcela, que ocupa toda unha mazá urbana na que se incluirán:
- Unha área dotacional privada, correspondente co espazo que ocupa o CPR La Inmaculada
- Un equipamento público, que poderá ocupar algo máis de 670 metros cadrados
- Unha zona residencial, na que se poderá construir un edificio de 59 vivendas, cunha extensa zona verde
- A apertura dun vial que conectará a Rúa da Estrada con Fondo do Saco, que suporá a creación de 27 novas prazas de estacionamento