Xunta de Persoal: Dar a cara en defensa dos pacientes da Mariña

Desde a Xunta de Persoal do Hospital da Mariña queremos manifestar:

  1. agradecemento especial a todos/as os/as profesionais que incondicionalmente, saen dando a cara para loitar na defensa dos pacientes da Mariña, incluso vindo das súas casas. 
  2. agradecemento especial a pacientes, que tamén acoden desde as súas casas a dar a cara e a defender un piar básico do estado de benestar: sanidade pública de calidade e de proximidade.

A perda da área sanitaria foi unha catástrofe para o Hospital de Hospital da Mariña xa que non contamos con orzamento propio, e dependemos de Lugo para todo sen ter capacidade de decisión propia en recursos humanos e materiais.

E NON:

  1. E non, non queremos ser doentes de segunda.
  2. E non, non queremos que o persoal marche do hospital, de todas e de todos, polas decisións e «maltrato laboral» da Dirección do centro hospitalario. 
  3. E non , non queremos derivacións innecesarias a Lugo para probas, operacións, ingresos que antes asumía o noso hospital.

A Xunta de Persoal estivo, está e estará na defensa da sanidade pública, dos dereitos das traballadoras e traballadores a poder atender ben aos pacientes, do dereito dos veciños e veciñas da Mariña a contar con servizos sanitarios de calidade tanto no hospital como nos centros de saúde da comarca. 

E reiteramos que non permitirenos «ningún recorte máis por parte da Consellería de Sanidade».

Comparte éste artículo
No hay comentarios