La Goleta busca sumar en San Cibrao na Fase de Ascenso e O Grelo feminino visita Boiro.
A falta da estrea dos equipos sub22 e a disputa da copa para as categorías inferiores, o Club Santo Domingo Betanzos encara o último mes de competición nesta temporada con varias frontes aínda abertas. Así, se o equipo de Segunda, xa descendido, intentará gañar algún dos tres partidos que lle restan para acabar cun bo sabor de boca a temporada (o primeiro fronte a Ulla Oil Rosalía este sábado), as sénior de Grelo disputan en Boiro o encontro este domingo no que está en xogo o 17o posto da liga e La Goleta, o equipo de Terceira División, intentará neutralizar o descenso do filial volvendo recuperar a súa praza ao remate da Fase de Ascenso, da que han disputar en San Cibrao das Viñas a súa segunda xornada. O partido, a xogar o sábado ás 16h na localidade ourensá, medirá aos dous equipos que lograron gañar na primeira xornada (completan o grupo Adfro, da Coruña, e o Ledicia Redeiras de Moaña).
Xornada reducida para a canteira
Á espera de que os infantís de J.Caamaño Arquitecto disputen a F4 da liga galega a fin de semana do 10-11 de maio (con dous billetes para o campionato de España a repartir entre os betanceiros, Novobasket Vigo, Obradoiro e Básquet Coruña), a axenda da canteira para esta fin de semana do 3-4 de maio, programa tan só dous partidos na casa: as Júnior de Infor-B reciben a Maristas o sábado ás 10h no Municipal (pavillón José María Valeiro Iglesias “Tocayo”) e as infantís do Warnier Informática a Arteixo Duacode ás 12h.
As cadetes de Decornaveira xogan na pista de Maristas o domingo, os infantís da Piccola o sábado na pista de Obradoiro, os mini do Cyrdega contra Golfiños Sada no Agra e os premini 2015 contra Xiria nesa mesma pista.