Os socialistas de Oleiros tachan de “fracaso” a protesta en Santa Cristina, 50 persoas, e acusan o alcalde de “show”

Alcalde pasou en 15 días de anunciar o fin da obra de santa Cristina para maio mentres daba un paseo triunfal pola zona a convocar unha protesta contra Naturgy, botándolle a culpa de que a obra, que iba e vai moi atrasada, no rematará na data que el dixo. E o motivo do cambio foi que os socialistas de Oleiros fixémonos eco das demandas dos veciños de Santa Cristina que queren ver rematada a obra antes do verán.

Na visita cos veciños fixemos fincapé en como non se está a levar o control da obra, xa que en diferentes puntos as farolas foron colocadas pegadas a árbores de gran porte que ocultan a iluminación cas súas ramas, e iso a pesar de que as árbores xa están podadas, e cando volvan a crecer a ineficiencia da iluminación será aínda maior, o que non é lóxico nunha obra nova.

Os veciños xa están fartos de shows e por iso non respaldaron a protesta ao entender que era unha nova cortina de fume do alcalde.

E o fracaso é maior se lembramos que na convocatoria da protesta «invitaban» aos locais a pechar para sumarse á protesta. Ao máis puro estilo Kim Jong-un

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios