A Deputación de Ourense ratifica o convenio de colaboración co Concello de Taboadela para a reforma da Casa Reitoral en Casa da Cultura

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Aisisten Luis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rosendo Fernández (Deputado PPOU); Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Begoña Álvarez Matos (Representante de Intervención); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina Fuentes (Secretario Deputación Ourense).

Na sesión desta semana da Xunta de Goberno mobilizáronse 776.000 euros en cooperación con diferentes municipios e entidades como a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afaor), que percibirá 40.000 euros para a ampliación das súas actuais instalacións.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, na súa sesión ordinaria semanal, vén de mobilizar un total de 775.948,83 euros destinados a cooperar con diferentes concellos e entidades. 

No que atinxe á cooperación municipal, a cantidade destinada é de 715.948,83 euros. Neste apartado, a Deputación vén de ratificar o convenio de colaboración co Concello de Taboadela para a reforma da Casa Reitoral en Casa da Cultura deste municipio, o que suporá unha aportación da Deputación de 449.932,21 euros.

A sesión aprobou tamén unha subvención do Concello da Arnoia, por importe de 100.000 euros, para a expropiación de pagos do parque empresarial. Para a continuidade na rede de saneamento de A Bola destínanse 50.000 euros; mentras que para melloras do pavillón polideportivo municipal de Pereiro de Aguiar adícanse 76.016,62 euros. Para reparación de viarios municipais de Vilar de Santos a achega será de 20.000 euros, mesma cantidade que a concedida a Viana do Bolo para o acondicionamento dun camiño en Pinza.

No que atinxe ás entidades provinciais adícanse esta semana 60.000 euros, dos que a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer(Afaor) percibirá 40.000 euros para a ampliación das súas actuais instalacións, mentras que o Clube Sendeiristas de Monterrei obterá 20.000 euros para un proxecto de peche de parcela.

Comparte éste artículo
No hay comentarios