As sénior de Grelo complícanse a eliminatoria: 70-42 en Boiro.
La Goleta Santo Domingo Betanzos, o terceiro equipo sénior do club betanceiro, segue dando pasos na Fase de Ascenso a Segunda División. Se a xornada padada daba boa conta de ADFRO –poida que o rival directo no grupo- este sábado lograba gañar con contundencia ao C.B. San Cibrao. Os ourensáns non foron rivais para os de Betanzos nun partido que xa acabou o 1Q cun clarificador 12-24 e que chegaba ao descanso cun 21-36 que xa puña na pista da vitoria final. 55-72 para La Goleta, con bos números de Sergio Gómez (21 puntos) e Will Pereiro (17) e unha semana por diante denantes de recibir na casa ao Ledicia CB Redeiras de Moaña, o pechacancelas do grupo con dúas derrotas en dous partidos.
Peor sorte correron as sénior feminino de Grelo, que a mañá do domingo visitaban Boiro para o seu primeiro partido da eliminatoria polo 17o posto da Segunda División Autonómica. Malia que o partido comezou bastante igualado, con alternancias no marcador para ambos os dous equipos e un resultado ao descanso de 30-23, o 3Q fíxose longo de máis para un equipo con varias baixas que se viu na obriga de convocar a tres júnior para completar a plantilla: 20-6 de parcial para Santa Baia. O resultado final (70-42) complica moito as posibilidades das de José Espiñeira e Lalo Golpe na volta, a disputar a fin de semana vindeira.
Polo que toca ao equipo masculino de Segunda División, xa descendido, a visita a Santiago para medirse ao Ulla-Oil Rosalía saldouse cun partido que puido caer do lado betanceiro e que quedou para os de Santiago, que lograron facer valer a renda de dous puntos das últimas posesións e quedar con encontro: 69-67