O BNG de Muxía denuncia as malas condicións dos accesos e equipamentos das praias e da pasarela de acceso á Cruz

O BNG xa fixera unha intervención sobre o mal estado destas instalacións no pleno de marzo. Resalta que a pasarela de acceso á Cruz resulta impracticable para persoas con discapacidade desde o mesmo momento da súa instalación.

O BNG de Muxía vén de denunciar as malas condicións da pasarela de madeira construída pola Demarcación de Costasna praia da Cruz, no centro da localidade, “que foi feita cun remate que fai moi difícil que poida ser usada –como se dixo-para que persoas con discapacidade poidan acceder á praia”. A pasarela fora publicitada en abril de 2024 polo anterior goberno municipal como o resultado de reunións entre oServizo Provincial de Costas e o Concello. Daquela publicara o goberno municipal: “A praia da Cruz xa loce a súa rampla de acceso para desfrutar dela!”, mais a veciñanza pronto advertiu que tiña un remate tan abrupto que impedía o seu uso por persoas con discapacidade. 

Os nacionalistas sinalaron que “non é que se deterioraraagora, é que cando se fixo xa a deixaron moi mal rematada, cun desnivel cheo de pedras que a fai impracticable e con parte da pasarela cos pilotes no aire”. Ademais, indicaron, o desaugadoiro da ducha anexa á pasarela “é unha mangueiraque baixa por enriba das pedras cun mazacote de cemento por enriba. Seguro que se podía ter feito algo máis integrado e curioso”.

Por outra banda, Mercé Barrientos asegura que xa reclamarano pasado pleno actuacións para mellorar os accesos ás praias, a limpeza das mesmas –algunhas teñen lixo arrombado e sen recoller desde o verán pasado- e a retirada ou reparación de pasarelas e equipamentos inservibles. Considera que o Concello debería ter acometido estes traballos antes da Semana Santa, pero que entrado maio “é urxente” realizarcanto antes as tarefas necesarias para que os areais estean en boas condicións para visitantes e veciñanza. “O seu estadodeteriorado prexudica tamén aos establecementos hostaleiros da zona e á promoción turística do concello e é urxenteiniciar, entre outros, eses traballos”, sinalou Barrientos.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios