Veciñanza de Conxo e activistas ecoloxistas enfróntanse ás escavadoras que están devastando o bosque do Banquete

O ano pasado Ecoloxistas en Acción denunciou  ao Goberno galego pola talla de árbores, movementos de terras e a apertura, non autorizada, dun vieiro dentro da área de Protección de Patrimonio da Humanidade do Convento de Conxo. Esta denuncia motivou que tanto o xulgado nº2 de Santiago de Compostela como a Fiscalía anticorrupción europea abriron a finais do ano pasado dilixencias penais pola actuación da Xunta de Galicia nas obras do denominado “Eixo de Mobilidade Sostible’, no treito entre Milladoiro e Compostela, a seu paso por Conxo. A pesar do proceso xudiciail a Xunta a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia ordeu retomar as obras. A semana pasada operarios e excavadoras comenzaron a desvastar o bosque de ribeira, a orillas do río Sar, no Banquete de Conxo.

Para impedir estes danos irreparables ao ecosistema fluvial do río Sar, veciñanza de Conxo, máis activistas de Ecoloxistas en Acción, concentráronse na contorna das obras, onde operaba a maquinaria pesada.

Con esta acción Ecoloxistas en Acción,  e a Asociacion veciñal Conxo Aberto queren alertar do dano irreparable que está sufrindo o bosque do Banquete de Conxo para que os instructores do proceso penal decreten a paralización cautelar das obras, tal como solicitaron nas denuncias, para evitar, así, máis danos irreparables ao ecosistema do río Sar.

Ecoloxistas en Acción lembra que esta actuación da Xunta invade a área delimitada na que está realizándose o proxecto “Eco-Bosque Rio Sar” promovido polo concello de Santiago de Compostela co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD). Este proxecto está financiado tamén dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de la Unión Europea e promove a recuperación ambiental do ecosistema fluvial do “Bosque do Banquete de Conxo”, rexenerando as riberas do río, eliminando especies invasoras e restaurando espazos que aumenten a biodiversidade da zona.

Por iso, desde Ecoloxistas en Acción trasladaron tanto á Xustiza española como á  fiscalía europea que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia incumpre os principios de boa xestión financieira que deben rexir o destino dos fondos europeos, ao “sepultar” coa súa actuación un proxecto posto en marcha con anterioridade.

No ano 1985 engádese a Conxo na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. Nesta declaración se delimita e inclúe especificamente a totalidade do recinto do Convento de Conxo e o Bosque do Banquete co seu entorno fluvial. A apertura dunha nova senda coa conseguinte talla de arboredo e movementos de terra que leva asociados están afectando xa á finca do antigo mosteiro. Porén, o informe da Dirección xeral de Patrimonio Cultural de Galicia incorporado ao Proyecto “Eixo de Mobilidade Sostible en Santiago de Compostela Treito: Milladoiro-Estación Intermodal” prohibe expresamente a apertura de novas sendas e o movemento de terras dado que considera este espazo como dunha gran calidade ambiental, que debe evitar alterarse.

Ecoloxistas en Acción tamén indicou a fiscalía europea e ao xulgado de Compostela que o acto administrativo de ordenar o inicio das obras a sabendas que se aparta do esixido por Patrimonio podería ser constitutivo dun delito de prevaricación administrativa. Ademais de comportar a perpetración dun delito contra o patrimonio histórico artístico, cultural e monumental, específicamente contra o patrimonio da humanidade.

A asociación veciñal Conxo destacan que o Plan Especial para a preservación do Patrimonio da Humanidade recolle que o conxunto do Mosteiro de Conxo está declarado como BIC pola súa excepcional calidade arquitectónica e tanto polo seu gran valor histórico como natural.

A asociación veciñal e Ecoloxistas en Acción rexeitan as obras en execución. “Pedimos a paralización inmediata do proxecto “Eixo de Mobilidade Sostible’” no treito de Milladoiro a Compostela por ser unha urbanización dura dun espazo de alto valor natural, xa que ten previsto hormigonar, levantar escolleras, asfaltar e iluminar na ribeira do río Sar en Conxo”, declara Luciano Villar, voceiro de Conxo Aberto.

Comparte éste artículo
No hay comentarios