As fotografías son desta semana no histórico Xardín/Parque do Posío. Dende que comezaron as «obras» orzamento de 2,6 millóns de euros, eliminadas unhas 25 árbores parte delas centenarias.
Ourense incumpre os consellos que establece a Organización Mundial da Saúde e a Unión Europea (1 árbore por cada 3 habitantes e entre 10-15 metros cadrados de espazo verde por veciño), en Ourense tendo en consideración os propios datos do concello temos 1 árbore por cada 21 habitantes e 5,7 metros cadrados de espazo verde por veciño…
Ourense non pode seguir coas súas políticas arboricidas, non pode seguir estragando o pouco verde que ten.
Precisamos AXUDA para por freo a desfeita do patrimonio vivo da cidade pois outro Ourense é posible, é imprescindible
ASEMBLEA VECIÑAL tal e como nos comprometemos o 1 de maio, na que contaremos o que fixemos e o que se pode facer para por freo a desfeita da cidade.
DATA: venres 9 de maio
HORA: 20:30 horas
LUGAR: porta fronte o Otero Pedrayo-Xardín do Posío
Acude e axúdanos a protexer, coidar e conservar os espazos verdes da cidade. Grazas!!!