O Grupo Municipal Popular lamenta o novo exemplo de ineficacia do goberno socialista e nacionalista co proxecto dos hortos urbanos de Fontiñas
A concelleria popular Mar Carballas explicou como na Xunta de Goberno do pasado 20 de marzo de 2024, aprobouse a listaxe provisional da terceira convocatoria de adxudicación, confirmando que dos 32 hortos dispoñibles só se cubriron 27, quedando 5 parcelas sen demanda, a pesar da importante campaña de promoción feita polo goberno local.
Para tapar este fracaso:
- Admitíronse solicitudes fóra de prazo.
- Repetíronse adxudicacións a persoas que xa foran beneficiarias no ano 2021, cando o obxectivo era rotar o uso dos terreos.
- Deuse por válida documentación fóra de prazo en 6 casos.
- E mesmo se aceptou a solicitude dunha persoa non empadroada en Lugo.
O que hoxe é alcalde, Miguel Fernández, foi quen presentou o proxecto cando era concelleiro de Medio Ambiente. Daquela aseguraba que era unha aposta para fomentar “hábitos saudables e unha cidade máis humana”. A realidade é que nin planificaron ben, nin mantiveron o proxecto, como demostran as queixas dunha adxudicataria que un ano despois aínda non puido cultivar nada porque o goberno non preparou a terra como prometera