O Grupo Popular destaca que “é posible ser líderes no sector, innovar, exportar e xerar centos de empregos” dende o rural durante unha visita a Galimplant

Antonio Ameijide asegurou que “este é un claro exemplo de que é posible a innovación, a internacionalización e a xeración de emprego dende o rural”, segundo subliñou Antonio Ameijide que tamén destacou a capacidade do seu impulsor, Jesús Pato, que “soubo ver unha oportunidade e aproveitala para xerar actividade económica en Sarria”.

Os deputados do Grupo Provincial Popular tiveron ocasión de coñecer de primeira man unha empresa referente a nivel internacional que traballa dende a provincia no ámbito da implantoloxía oral, Galimplant, que ten deseñado e desenvolto un sistema simplificado para facilitar o labor clínico que se basea nunha conexión estable e única entre o implante e o piar recto estético converténdose nunha soa peza que garante o éxito dos nosos tratamentos e o selado biolóxico da conexión do implante.

Durante a visita, o portavoz Antonio Ameijide, os deputados provinciais Héctor Corujo, Luis Fernández e Jesús Núñez e a portavoz do PP de Sarria, Carmen José López, puideron coñecer as instalacións emprazadas nunha das parroquias do municipio. “Este é un claro exemplo de que é posible a innovación, a internacionalización e a xeración de emprego dende o rural”, segundo subliñou  Ameijide. Así mesmo, destacou a capacidade do seu impulsor, Jesús Pato, que “soubo ver unha oportunidade e aproveitala para xerar actividade económica en Sarria”. 

O portavoz do Grupo Popular na Deputación de Lugo cre que “as administracións públicas deben favorecer, dende as competencias, a creación de emprego para favorecer o asentamento da poboación no noso territorio”.

SOLO EMPRESARIAL E ASENTAMENTO DA POBOACIÓN

Ameijide reflexiona sobra a importancia de xerar áreas industriais nos municipios ante “as dificultades das empresas para atopar solo onde implantar iniciativas empresariais deste tipo ou a ampliación das actuais”. Polo tanto, cre que “as institucións -tamén a Deputación de Lugo- deben garantir que haxa solo industrial dispoñible nos municipios para crear empresas ou ampliar as existentes”.

Así mesmo, afirma que “o rural necesita industria” porque “a industria é sinónimo de oportunidades e futuro. É o único xeito de xerar oportunidades para as persoas e de garantir o asentamento de poboación”.

Outra das reivindicacións habituais dos deputados do Grupo Popular é a mellora da rede viaria que é competencia da Deputación que é “fundamental para as comunicacións habituais de veciños e veciñas, o acceso de visitantes a puntos de interese turístico; pero tamén pode supoñer un incentivo á hora de favorecer o asentamento de empresas en contornas rurais”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios