Os cursos de alfabetización e memoria rematan cunha excursión na Coruña organizada polo Concello da Laracha

Ao longo da xornada visitan o museo Domus, o Aquarium Finisterrae e o entorno da Torre de Hércules.

Os cursos de alfabetización e memoria, organizados polo Concello no marco dos programas de envellecemento activo e de prevención da soidade non desexada, rematarán o 30 de maio despois de sete meses desde o inicio a finais de outubro.

Como actividade de clausura dos cursos, o Concello convidou hoxe aos preto de cenalumnos das sete quendas que se realizan na Laracha (4 grupos), Paiosaco, Caión e Montemaior a participar nunha excursión á Coruña que se está a celebrar no día de hoxee á que asistiron 60 persoas. Entre os lugares que visitarán están o museo da Domus, o Aquarium Finisterrae e o entorno da Torre de Hércules.

Á fronte da expedición están a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, e a monitora do curso, Mari Carmen Serrano.

Comparte éste artículo
No hay comentarios