Javier Arias participa en Lugo na conmemoración do 181 aniversario da fundación da Garda Civil

 O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu esta mañá ao acto institucional da conmemoración do 181 aniversario da fundación da Garda Civil que se celebrou na Comandancia de Lugo. 

Durante o evento, no que se deu lectura aos decretos fundacionais do Corpo da Garda Civil do ano 1844, procedeuse á imposición de condecoracións e rendeuse homenaxe ao persoal que pasou á reserva ou retiro. Houbo tamén un especial recordo para os efectivos que perderon a vida no desenvolvemento das súas funcións.

Comparte éste artículo
No hay comentarios