Elba Pedrosa vence o Premio aRi[t]mar á Mellor Poesía do Ano 2024 na Galiza co seu poema “Onde imos agora”

A votación popular da gala aRi[t]mardecidiu que o poema «Onde imos agora» (Des a mar, Edicóns Embora, 2024), de Elba Pedrosa, foi o mellor do ano 2024 na Galiza, e igualmente, «não sei voar mas tenho»(Matar os Dinossauros. Cordel d’ Prata, 2024), de Cátia Cardoso, foi o mellor poema do ano 2024 en Portugal. Ambos os dous podios complétanos, pola Galiza, María Lado con «Facer o mel» e Neves Rodríguez con «Descendo a rolos»; e no caso portugués, Ricardo Gil Soeiro con «Liçao de Eudemonia» e Filipa Leal con «Arreigada».

As mellores poesías do ano na Galiza e Portugal: dúas miradas diferentes á realidade ilóxica e contradicoria da condición humana

Elba Pedrosa e Cátia Cardoso teñen en común seren mulleres, poetas e vencedoras do premio á mellor poesía do ano 2024 nos seus respectivos países. Mais, lonxe de se conformaren como autoras dun bloque limitado polo prexuízo temático do feminino, ambas mostran a diversidade que as voces das mulleres veñen achegando á poesía nos últimos anos na Galiza e en Portugal, o cal non fai con que os mundos das poesías vencedoras non sexan complementarios nin teñan puntos en común. Pedrosa lanza aoaire a grande pregunta de se realmente aprendemos algo ou só vivimos a remexer na lama da guerra e permanecemos na familiaridade que nos proporciona a pólvora da nosa memoria, e Cardoso responde co azar e a falta de lóxica que só a un mundo en conflitoconstante pode gobernar. A condición humana é, polo si ou polo non, unha condición contraditoria que ben podería estar a xerar unha tensión poética entre as dúas pezas vencedoras do premio aRi[t]mar. 

Así, Elba Pedrosa e Cátia Cardoso súmanse a Mondra e Diogo Piçarra, autores das mellores músicas do ano na Galiza e Portugal, e ao Municipio de Braga, gañador do Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona. Todos os galardoados participarán na gala aRi[t]mar 2025 e alí recollerán tamén os seus premios. A gala celebrarase no mes de outubro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

Elba Pedrosa

Alén de poeta e escritora, presentadora de televisión, actriz e xornalista, Elba Pedrosa traballa como consultora e formadora en creatividade e oratoria para institucións públicas e privadas. Antes de Des a mar publicara O que non sabías e participara no libro colectivo  relatos na Rúa II.

Cátia Cardoso

Doutoranda em Socioloxía e Licenciada em Comunicación Social, Cátia Cardoso ten desenvolvido a súa carreira no eido do xornalismo cultural e mesmo como proxeccionista nunha sala de cinema. Antes de matar os dinossauros, xa publicara Poesia SilenciosaLinhas Delicadas e Antes que o Amanhã se Vista de Fogo

Comparte éste artículo
No hay comentarios