O narrador camerunés Boniface Ofogo presenta “Una vida de cuento” na libraría Numax de Santiago

O alumnado de varias escolas coruñesas achégase esta semana á cultural oral africana a través das súas fábulas publicadas por KALANDRAKA

«Una vida de cuento», de Boniface Ofogo, chegará proximamente ás librarías, publicado por KALANDRAKA, onde o narrador camerunés ten publicadas tamén as fábulas tradicionais africanas «O elefante que perdeu o seu ollo», «A paso de tartaruga» e «O león Kandinga». Trátase da edición renovada dunha obra autobiográfica que abrangue dende a súa infancia en Omassa ata a actualidade, tras máis de 30 anos de oficio como contador de historias, coas que percorre o mundo enteiro.

A modo de adianto, a libraría Numax de Santiago (Concepción Arenal, 9) acollerá un encontro co autor este luns 26 de maio a partir das 19:00 horas, no que conversará coa escritora, actriz e dramaturga Paula Carballeira.

+ INFO NA WEB

Comparte éste artículo
No hay comentarios