Logro para Monforte: Xenxo López, do Club de Tiro Cabe, faise co Subcampionato Provincial Xuvenil

Monforte de Lemos celebrou onte os éxitos do seu Club de Tiro Olímpico Cabe, que tivo unha destacada actuación no campionato provincial de xóvenes promesas, celebrado na casa do deporte de Lugo. O máis salientable foi o subcampionato provincial xuvenil acadado por Xenxo López.

Xenxo demostrou un gran nivel, sendo só superado por Roi Freixedo, tirador do Club San Froilán de Lugo, quen actualmente ocupa o 5º posto na competición nacional.

O acto de entrega de premios contou coa presenza do concelleiro de deporte do Concello de Lugo, Jorge Bustos, que puxo o broche final a unha xornada chea de éxitos para os deportistas de Monforte.

Comparte éste artículo
No hay comentarios