Os políticos seguen depilando os fondos públicos. Por José Luis Calo

Coordinador Ucin Galicia

A frase do titular desde artigo, “os políticos seguen depilando os fondos públicos” é unha forma coloquial de dicir que estes están a malgastar ou desvían estes fondos, o cal é un problema grave que afecta á sociedade.

O mal manexo destes pode ser causado por varios factores, a neglixencia, falta de transparencia ou a corrupción. A falta de acceso á información pública, a falta de mecanismos de rendición de contas e a opacidade nos procesos de contratación e licitación facilitan a posibilidade de que se oculten actos de corrupción. ¿Por que seguen persistindo? por unha serie de factores, incluíndo a debilidade dos mecanismos de control, a corrupción sistémica, a falta de cultura de transparencia e a impunidade que experimentan algúns. Creo que este é o mellor inicio para este artigo de opinión que están vostedes  lendo,  ante os acontecementos que estamos a vivir por parte da Xunta de Galicia e os políticos responsables de todas as decisións que se tomaron respecto a senda ciclista que afecta ao Banquete de Conxo, Santiago de Compostela, un «auténtico esperpento».

Compaxinado coas declaracións do portavoz do partido popular en Santiago onde reafirmou a súa intención de completar a infraestrutura verde se é alcalde, pese aos informes negativos do ICOMOS e da Dirección Xeral de Patrimonio, mesmo coas investigacións xudiciais. Todo isto está a levarnos ao bodrio político, coma a “banda do Peugeot”  liderada por Pedro Sánchez a nivel nacional, os que utilizaron a arte da mentira para chegar ao poder e manterse nel. Sería ben lembrarlles a estes señores que a malversación de fondos públicos, é un delito que consiste na apropiación indebida ou o uso indebido de diñeiro ou bens públicos por parte dunha autoridade ou funcionario. Este delito enmárcase dentro dos delitos contra a Administración, e está tipificado no Código penal, concretamente no artigo 432 e seguintes. Isto é unha  mala xestión política xerada por unha combinación de factores, incluíndo a falta de experiencia ou preparación e intereses persoais.

Sinto dicilo pero isto é: o paraíso burocrático e institucional creado por unha clase política empeñada en que os contribuíntes paguemos a factura dos seus excesos para abordar a mala xestión política. É necesario fortalecer a transparencia e a rendición de contas. Tamén é importante garantir que os políticos teñan a formación e a experiencia necesarias para exercer o seu cargo de maneira efectiva. Se algo me está quedando claro é que esta xente non cambia.

Comparte éste artículo
No hay comentarios