Guido Guía guiará en Ortigueira un mes antes do Festival do Mundo Celta

Esta mañá, no Concello de Ortigueira, o alcalde Valentín Calvín e o guía de turismo Guido Álvarez Parga presentaron o xa anunciado paseo guiado «Decubrindo Ortigueira» que terá lugar o sábado 7 de xuño por terras ortigueiresas, un mes antes do Festival do Mundo Celta, festa de interese turístico internacional coa que Guido Guía ten moita relación dende hai máis de 20 anos.

A primeira vez que Guido acudiu ao festival foi no ano 2003, e dende entón só fallou un ano por motivos profesionais. É un namorado e un importante divulgador e difusor deste gran encontro musical e cultural, tal é así que dende hai varias edicións é convidado polo concello a acceder aos interiores do festival e así poder promovelo nas súas redes sociais e nas súas colaboracións en prensa.

Neste paseo guiado do 7 de xuño Guido dará a coñecer parte do inmenso patrimonio cultural e natural de Ortigueira, especialmente das zonas máis relacionadas co seu querido festival.

As persoas que queiran anotarse poden facelo -gratuítamente- a través do correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com, e a hora e lugar de encontro serán as 11h00 nos Xardíns de Julio Dávila. Terá unha duración de 3 horas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios