A Consellería do Medio Rural e a empresa galega Beniu, especializada na prestación de servizos agroforestais mediante o uso de drons, abriron hoxe unha vía de colaboración para o aproveitamento destes aparellos non tripulados no campo galego.
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, recibiu no seu despacho de San Caetano ao responsable desta empresa, David Blanco, co fin de concretar esa cooperación técnica, fundamentalmente orientada cara a mellora dos servizos de sanidade vexetal, en particular na loita contra pragas e doenzas dos cultivos.