Guía tu día anuncia unha nova visita guiada en Burela coincidindo coas Festas Patronais o sábado 31 de maio.
O percorrido guiado por Ana Pena permitirá aos participantes conectar o camiño do Foxo co paseo litoral visitando os recunchos máis salientables como a curiosa «Tableta de Chocolate». Os asentamentos castrexos, os obxectos atopados e a importancia que tivo e ten Cabo Burela, será outro dos puntos fortes da mañá.Unha boa oportunidade para coñecer o patrimonio de Burela que ademais estará en festas coincidindo ese día coa confección das alfombras florais.
O paseo circular de 4,5 km comezará ás 11:00h.
Todo aquel que esté interesado deberá anotarse no 654 99 68 57. A visita ten un custo de 10€ para os maiores e 5€ para os pequenos.