Dirección do Hospital da Mariña debe escoitar á cidadanía e profesionais que están defendendo a sanidade pública con dignidade e corazón

Dende «o 9 de abril diariamente profesionais e doentes cargados de razón e coa forza do corazón se xuntan para dicirlle a Dirección do Hospital da Mariña que non siga xogando coa súa saúde”.

A Xunta de Persoal explica que sempre vai estar do lado da cidadanía e profesionais, dende tódolos ámbitos, ” fronte a “unha Dirección do centro hospitalario de Burela que se converteu nun perigo para a saúde da veciñanza”.

“Basta xa de recortes, basta xa de listas de espera interminables, basta xa de derivacións innecesarias a Lugo e hospitais privados, basta xa de precariedade co persoal que nos coida e ao que nós tamén temos que coidar”, engaden.

Xunta de Persoal pon de manifesto que “coa saúde da Mariña non se xoga, porque é o que diferencia unha sociedade avanzada dunha que non o é” e instan a Directora do Distrito Sanitario da Mariña a escoitar a “unha cidadanía e profesionais con conciencia, dignidade e valentía que lle está dicindo “non” ao estado alarmante da sanidade, e a poñer solucións reais para reverter a situación”.

“A sanidade pública é unha das grandes conquistas sociais que temos como sociedade.Coa nosa saúde, nin un paso atrás”, concluén.

Comparte éste artículo
No hay comentarios