O Pleno Municipal de Lugo aproba a proposta do BNG reclamando á Xunta que lexisle para alonxar as plantas de biometano das vivendas

Arroxo: «A Xunta debería seguir os pasos xa iniciados polo PP no goberno de Castela e León, limitando a proximidade desdtas plantas cos núcleos de poboación«.

O Portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo defendeu no pleno municipal a iniciativa presentada polo BNG para instar á Xunta de Galiza a «aumentar o control ás plantas de biometano e garantir unha separación mínima de 3Km dos núcleos de poboación», afirmou. Arroxo destacou que esta iniciativa «vai na mesma liña que a que xa presentou o BNG no Parlamento de Galiza, reclamar á Xunta máis control ante esta actividade». A proposición foi aprobada coa abstención do Grupo Municipal do PP.

Actualmente, estanse proxectando plantas de gran tamaño, que requiren un aporte constante e moi elevado de residuos para o seu procesamento, polo que os residuos de preto non son suficientes e tráenos de moito mais lonxe. E, a maior tamaño existe un maior volume de residuos almacenados, mais operacións de descarga de residuos, maior volume a xestionar e tamén maiores riscos en caso de escape de emisións e risco de incendio.

A proposta do BNG buscará o consenso da Corporación Municipal para instar á Xunta a regular esta actividade con 5 obxectivos principais:

1. Establecer límites entre as plantas de biogás – biometano e núcleos de poboación e/ou vivendas habitadas, así como elementos patrimoniais ou bens naturais nun mínimo de 3.000 metros.

2. Establecer a distancia máxima entre a orixe dos materiais usados na dixestión, e a localización da planta en 20 quilómetros para residuos líquidos , e con carácter xeral a un máximo total de 50 quilómetros.

3. Lexislar o sector establecendo unha serie de parámetros que deban cumprir as instalacións en canto aos materiais que entran como aos que saen.

4. Regular a xestión do dixestato xerado despois do proceso de biometanización.

5. Restrinxir a circulación de transporte pesado relacionado con estas instalacións, que non poderán transitar polos cascos urbanos e núcleos de poboación no rural.

Comparte éste artículo
No hay comentarios