A lectura máis refrescante para este verán: O libro “Un Mar De Preguntas” publicado pola editorial Galaxia, de Javier García Galdo

“Un Mar De Preguntas” é unha publicación que combina respostas ás preguntas mais frecuentes que podémonos facer sobre o mar, cunha coidada selección de ilustracións que fan desta obra un estupendo agasallo para este verano.

Coincidindo coa semana na que celebrase o día internacional dos océanos o 8 de xuño, iniciase a presentación de “Un Mar De Preguntas”, esta obra pretende divulgar dun xeito coloquial o coñecemento que temos sobre os mares e promovelo seu coidado.

A idea de publicar xorde da participación do autor Javier García Galdo no programa semanal da Radio Galega “Mar de Ardora” dirixido por Xusto López Carril. Dende fai uns anos, esta colaboración ten servido para divulgar distintos temas do medio mariño e dos seus habitantes.

A obra está dividida en  4 capítulos. ”O Mar e o Océano”, Os habitantes do Azul”, “O contorno costeiro” e “Nos e o mar”. Danos resposta a 40 preguntas cada unha ilustrada cunha imaxe que axuda a súa comprensión. Cuestións curiosas como: Para que serve una balea?, Canta forza ten o mar? Cantas especies habitan os océanos? ou Porque soben e baixan as mareas?. Con respostas claras pero baseadas no rigor da ciencia. En cada páxina pódese aprender sobre os misterios do gran azul e comprender porque debemos coidalo.

Javier García Galdo presentase como un talasófilo e curioso. Es dicir, un amante do mar que ten inquietude por desentrañar os seus misterios. É un biólogo mariño que leva 25 anos traballando en distintas tarefas sempre arredor do mar, o seu coidado e correcta xestión para unha pesca e marisqueo sostibles. Con experiencia en asesoramento do sector pesqueiro, traballou coas administracións, organizacións de pescadores, ou no desenvolvemento de proxectos. Tamén emprega parte do seu tempo á divulgación tanto en producións audiovisuais, como en programas de radio.

Recentemente o autor tamén lanzouse a aventura de comezar a comunicar nas redes sociais con un canal chamado “curiososoceano”

Apaixonado do mergullo e a imaxe submarina pretende con este libro axudar a comprender mellor o mar e animarnos a conservar os seus tesouros.

Un Mar de Preguntas xa está á venda en librarías, mais tamén presentarase en distintas localidades de Galicia durante as próximas datas. Actos que servirán para coñecer o libro e conversar co autor.

  • Santiago, o 5 de xuño ás 19:30 na sala de Ámbito cultural del Corte Inglés, coa participación de Xusto López Carril (director do programa “Mar de Ardora”)
  • Coruña, o 8 de xuño ás 18:00 no Mercado de San Agustín, dentro do festival Mar de Mares, coa participación de Jose Basilio Otero Rodriguez (Presidente da Federación Nacional de Cofradias de Pescadores e Patrón Maior da confraría de Burela)
  • Ferrol, 13 de xuño ás 19:30 no Museo da Sociedade Galega de Historia Natural, coa participación de Joam Luis “Cesio” Ferreiro (biólogo mariño e exdelegado da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol)
  • Vigo, 12 de xullo ás 11:00 na carpa de ARVI dentro do festival Vigo Sea Fest, coa participación de Jose Antonio Fernandez Bouzas “Pepin” (Director del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia e Presidente do Colegio Oficial de Biólogos de Galicia)
  • Ribeira, 19 de xullo ás 19:00 no XVII Encontro de Embarcacións tradicionais de Galicia, coa participación de Rogelio Santos Queiruga (pescador artesanal e influencer)

Sen dubida unha lectura recomendable para afondar no coñecemento do noso mar dun xeito amena e apta para lectores de tódalas idades que teñan interese no océano e os seus habitantes.

Comparte éste artículo
No hay comentarios